RSS

Seguimos celebrando o Nadal!!

Estos días son un no parar de facer cousas divertidas!! Onte recibimos a visita dos reis magos! Trouxéronos un montón de doces, e escoitaron todo o que queremos que nos traian, porque todos fomos moi bos.

Hoxe foi un día moi especial, foi o día do festival, e actuamos diante de todas as clase A do cole, e non o fixemos nada mal, o importante, o pasamos moi ben!!



Por último, nesta xornada tan axetreada aínda tivemos tempo para facer o intercambio de tarxeta cos nosos compañeiros de 5 anos B.