RSS

A alimentación saudable.

Xa estamos acabando o noso proxecto do corpo humano, esta última semana estivemos aprendendo sobre a pirámide dos alimentos e como levar a cabo unha dieta saudable. Aquí temos unha actividade para seguir traballando.

Aniversario de Catalina e Mencía!!

Menudo día tivemos hoxe, primeiro visitamos un supermercado para coñecer os alimentos saudábeis como parte do proxecto do corpo humano que estamos a facer, e despois tivemos una gran festa para celebrar o aniversario de Mencía e Catalina. Tomamos roscón, biscoito de chocolate e bailamos. Pasamos un rato xenial!!

O novo apartado de infantil na web do cole!!

Como podedes ver agora na esquina superior esquerda podemos ver unha imaxe da parede do cole, e se pinchamos nela imos directamente á web do cole, a cal ten un novo apartado adicado só a infantil, con actividades, fotos e demáis información que ten que ver coa nosa clase e con todas as demáis. Entrade!!


Seguimos traballando co fonema r.

Aquí está a actividade que se centra no fonema r cando ten un son suave, e o comparamos co son forte. Apreciamos facilmente a diferencia, verdade? Agora só queda practicar e afinar ben o oído.

Sesión de contacontos.

Hoxe recibimos a visita dun contacontos moi divertido: Iago López. Veunos presentar "Contos para levar no peto", aínda que o libro que trouxo era xigantesco!! O seu protagonista era Martiño, e como a nós, gustáballe moito ler e ir ao campo, pasamos un rato moi agradable.



O fonema R.

Seguimos avanzando fonemas e nesta ocasión imos aprender un fonema difícil, o fonema R. Por medio das seguintes actividades aprenderemos como recoñecer cando ten un son forte e un son suave.


Nivel 1.

8 de Marzo. Día da Muller traballadora

O sábado 8 de Marzo celébrase o día da muller trabajadora. Como xa vimos co caso de Malala, as mulleres nalgúns países non poden conducir, nin andar soas pola rúa, nin poden traballar. Non fai moitos anos iso pasaba tamén aquí, onde vivimos nós, pero grazas ao esforzo de moitas mulleres, iso cambiou, podendo así traballar fóra da casa e decidir o que querían facer coas súas vidas.



Con motivo deste día tan especial, cada un fixo un debuxo retratando a unha muller que queren e admiran. Aquí está o resultado.

As partes do corpo e da cara.

Voltamos do entroido con forzas despois dos días libres, e con moitas ganas de seguir aprendendo sobre o corpo humano a través do noso proxecto. Nesta actividade coñeceremos como se chaman as partes do corpo e da cara.